jueves, 11 de diciembre de 2014

Actividade O Apalpador

Aquí vos deixamos unha actividade para xogar co Apalpador e coñecer un pouco mais deste personaxe tan peculiar.


A pasalo ben!!!!


viernes, 28 de noviembre de 2014


Este ano, os pequenos de Casás fixeron, para a nosa biblioteca, uns contos e uns debuxos sobre Halloween moi bonitos. Pero entre todos eles, eleximos os que "daban máis medo".
Aquí tedes a nosa exposición no colexio:

Ademáis na nosa biblioteca puidemos ler contos coa temática de Halloween, e se algún non os puido ler todos, aquí tedes unha lista das lecturas recomendadas pola nos biblioteca para pasar moito, moito medo!!!!

LECTORES EXPERTOS
  • Las brujas. Roald Dahl
  • Las voces del cementerio. Carlos Puerto
  • Unha pantasma no colexio. Manuel Lourenzo González
  • Botellas de pesadillas. Marta Gené Campo
  • Escobas voladoras. Ann Iungman
  • El fantasma del nº17. Gules Bandreth
  • Feitizo.Xosé Miranda
LECTORES AUTÓNOMOS
  • Unha pantasma branca. Fina Casalderrey
  • El fantasma del sol de mediodía. Sid Fleischman
  • El pequeño vampiro y los visitantes. Ángela Sommer- Bodenburg
  • Me llamo Drácula. Olivier Cohen
  • Escuela de brujería

jueves, 16 de octubre de 2014






Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa asía liña iniciada no pasado curso, coa que se pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean. 

O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. 

Existen xa interesantes experiencias en bibliotecas escolares galegas que contemplan entre as súas actividades propostas concretas arredor das matemáticas. Agardamos que esta  nova iniciativa sirva para apoiar novas propostas e favoreza unha maior presenza desta área do coñecemento nas bibliotecas escolares e no día a día dos centros.